Christmas Card Exchange

Christmas Card Exchange – Edicións 2010 a 2021

Este pequeno proxecto consiste en intercambiar postais de Nadal feitas polos alumnos de varios centros europeos.

EDICIÓN 2021

Duodécima edición, nesta ocasión coa coordinación da profesora María do Carme González Bueno coordinadora do EDLG.

EDICIÓN 2020

Undécima edición, nesta ocasión coa coordinación dos alumnos-administradores do TwinSpace, Marcos Castro e Brais Rodríguez, estudantes de 1SMR e a coordinadora do EDLG Cristina Puga.

Máis información nas seguintes ligazóns:

EDICIÓN 2019

Décima edición, nesta ocasión coa coordinación do alumno-administrador do TwinSpace, Vladislav Zernov, estudante de 1SMR.

Máis información nas seguintes ligazóns:

EDICIÓN 2018

Nona edición, nesta ocasión coa coordinación dos alumnos-administradores do TwinSpace, Daniel Fernández Álvarez e Francisco Refojo Labandeira estudantes de 1SMR.

Máis información nas seguintes ligazóns:

EDICIÓN 2017

Oitava edición, da man da profesora de informática Cristina Puga Fernández, cofundadora do proxecto.

Máis información: Concurso de Postais de Aninovo 2017

EDICIÓN 2016

Chegamos á sétima edición, nesta ocasión coa dirección do profesor de informática Víctor Fernández Albor e o seu alumnado de Aplicacións Ofimáticas de 1º SMR ordinario.

Máis información: Concurso de Postais de Aninovo 2016

EDICIÓN 2015

Chegamos á sexta edición. Continúa á fronte do proxecto a profesora de informática Cristina Seoane López e os seus alumnos de Aplicacións Ofimáticas de 1º SMR ordinario.

Máis información: Concurso de Postais de Aninovo 2015

EDICIÓN 2014

Chegamos á quinta edición, desta volta coa participación da profesora de informática Cristina Seoane López e os seus alumnos de Aplicacións Ofimáticas de 1º SMR ordinario.

Máis información: Concurso de Postais de Aninovo 2014

EDICIÓN 2013

Nesta cuarta edición participou a profesora de informática María Jesús Rego Rodríguez cos seus alumnos de Aplicacións Ofimáticas de 1º SMR ordinario.

Máis información: Concurso de Postais de Aninovo 2013

EDICIÓN 2012

Nesta terceira edición participaron a profesora de inglés Elisa Picallo Ferreiro e o seu alumno José Luis Rego Rodríguez de 2º de Bacharelato; e a profesora de informática Cristina París Brandariz co alumno de 1º ASIR Francisco Javier Puga García.

Máis información: Concurso de Postais de Aninovo 2012

EDICIÓN 2011

O noso centro participa neste proxecto por segundo ano, esta vez da man do profesor de inglés Gustavo Gómez Vidal e o seu alumno Rubén de la Fuente Suárez de 1º de Bacharelato, que publicou unha redacción sobre O Apalpador xunto coas postais dos alumnos de 1º SMR.

Máis información: Concurso de Postais de Nadal 2011

EDICIÓN 2010

Cabe destacar que é o primeiro proxecto eTwinning realizado no IES San Clemente integramente por un alumno: Pablo Montero Martínez, de 1º SMR. Co rol de “alumno administrador” do Twinspace, creou todos os elementos da páxina correspondente a Santiago de Compostela, utilizando as postais dos compañeiros de grupo.

Máis información: Concurso de Postais de Nadal 2010