Máster en Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías da información

Familia profesional

Informática e Comunicacións

Título que se obtén

Non se obtén un título, senón un certificado que acredite a superación do curso de especialización.

Prazas ofertadas

20 (en horario de tarde)

Requisitos académicos

Para acceder ao Máster en Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías da información é necesario estar en posesión dalgún dos seguintes títulos:

    1. Técnico Superior en Administración de Sistemas Informáticos en Rede (ASIR).
    2. Técnico Superior en Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma (DAM).
    3. Técnico Superior en Desenvolvemento de Aplicacións Web (DAW).
    4. Técnico Superior en Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos.
    5. Técnico Superior en Mantemento Electrónico.

Organización do ciclo

Duración dun ano académico.

Programacións do curso 2024-2025 no enlace do nome dos módulos.

Que se aprende a facer?

Definir e pór en práctica estratexias de seguridade nos sistemas de información, mediante a realización de diagnósticos de ciberseguridade e a identificación de vulnerabilidades, así como a execución de medidas necesarias para as arranxar, aplicando a normativa e os estándares do sector, consonte protocolos de calidade, de prevención de riscos laborais e de respecto ambiental.

 

En que ámbitos se traballa?

Sectores nos que cumpra establecer mecanismos e medidas para a protección dos sistemas de información e das redes de comunicacións.

 

Que ocupacións se desempeñan?

Experto/a en ciberseguridade, auditor/a de ciberseguridade, consultor/a de ciberseguridade e hacker ético/a.

NOTA:

  • O máster no 2024_2025 no noso centro  impartirase en horario de tarde-noite de luns a venres, comezando a finais de outubro.
  • A data de comezo publicarase na páxina web do centro.
  • A distribución horaria dos diferentes módulos que conforman o curso será informada pola persoa titora  no primeiro día de inicio do curso.
  • Calquera cambio ante esta previsión se vos comunicará na web do centro como unha NOVA.

Máis Información

ies.sanclemente@edu.xunta.gal

https://www.edu.xunta.es/fp/

#FPGalicia

Teléfonos: 881 867 501 – 881 867 502, Fax: 881 867 538

 Cursos de especialización FP
 Admisión e Matrícula
 Admisión específica nos Cursos de Especialización
 Validacións
 Real Decreto do Curso de Especialización en Ciberseguridade en contornos das TIC
 Normativa que regula a Formación Profesional