Máster en Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías da información (Distancia)
Familia profesional
Informática e Comunicacións
Título que se obtén
Non se obtén un título, senón un certificado que acredite a superación do curso de especialización.
Prazas ofertadas na modalidade a distancia
30
Requisitos académicos
Para acceder ao Máster en Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías da información é necesario estar en posesión dalgún dos seguintes títulos:
-
- Técnico Superior en Administración de Sistemas Informáticos en Rede (ASIR).
- Técnico Superior en Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma (DAM).
- Técnico Superior en Desenvolvemento de Aplicacións Web (DAW).
- Técnico Superior en Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos.
- Técnico Superior en Mantemento Electrónico.
Organización do ciclo
Programacións do curso 2024-2025 no enlace do nome dos módulos.
Duración dun ano académico.
Módulos | Horas |
Análise forense informática | 120 |
Bastionado de redes e sistemas | 160 |
Hacking ético | 120 |
Incidentes de ciberseguridade | 140 |
Normativa de ciberseguridade | 60 |
Posta en produción segura | 120 |
Que se aprende a facer?
Definir e pór en práctica estratexias de seguridade nos sistemas de información, mediante a realización de diagnósticos de ciberseguridade e a identificación de vulnerabilidades, así como a execución de medidas necesarias para as arranxar, aplicando a normativa e os estándares do sector, consonte protocolos de calidade, de prevención de riscos laborais e de respecto ambiental.
En que ámbitos se traballa?
Sectores nos que cumpra establecer mecanismos e medidas para a protección dos sistemas de información e das redes de comunicacións.
Que ocupacións se desempeñan?
Experto/a en ciberseguridade, auditor/a de ciberseguridade, consultor/a de ciberseguridade e hacker ético/a.
NOTA:
- O máster contará con algunhas actividades presenciais. O calendario destas, publicarase antes do comezo do curso.
- A data de comezo publicarase na páxina web do centro.
- A distribución horaria dos diferentes módulos que conforman o curso será informada pola persoa titora no primeiro día de inicio do curso.
- Calquera cambio ante esta previsión se vos comunicará na web do centro como unha NOVA.
Máis Información
Teléfonos: 881 867 501 – 881 867 502, Fax: 881 867 538
Cursos de especialización FP
Admisión e Matrícula
Admisión específica nos Cursos de Especialización
Validacións
Real Decreto do Curso de Especialización en Ciberseguridade en contornos das TIC
Normativa que regula a Formación Profesional