Galería Virtual – doARTE – docentes
Obras da exposición doARTE, realizadas por docentes de Galiza, A Rioxa, Madrid, Valencia, León, Creta e México.
Galería virtual – doARTE – alumnado
Plan Proxecta Salvavidas
Proxecto Exposicións enREDadas
1 – Con corazón. Montserrat Ansótegui, La Rioja, España.
Doazón, Unión, Vida, Creatividade, Conxunto, Arte, Reflexión, Vontade, Acción, Plástica, Enredado, Proceso, Intercambio, Exposición, Contexto, Transplante, Compartir, Sedución, Doante, Transformación, Intimidade, Contorno, Formación, Órgano, Coordinación, Familia, Artista, Busca, Paciente, Creación, Participación, Implicación, Expresión, Comunicación, Contribución.
2 – Es perfecto para outros. Ana Hernández, Madrid, España.
Esta imaxe pretende realizar un paralelismo entre a obra de Leonardo da Vinci, titulada “O Home de Vitrubio”, na que se mostra a idea de simetría e perfección do corpo humano e a frase “Es perfecto para outros”, utilizada na tarxeta de doador de órganos. A perfección física do corpo propio e a perfección solidaria para doar a corpo alleo.
3 – Doar. Luz Beloso, Galiza, España.
Ser doador de órganos é o máis grande acto de amor á vida. Como dicía Frida Kahlo: Viva a Vida!
4 – Complexidade. María Sougiadáki, Creta, Grecia.
O debuxo representa a complexidade do corpo humano e da vida. A zona vermella marca a diferenza, como un transplante pode marcar a diferenza na vida dunha persoa doente.
5 – Mandala. María Sougiadáki, Creta, Grecia.
A mandala é o resultado da exploración no proceso de deseño de mandalas e un xogo coa palabra “donation”. Poderás apreciar que en cada un dos catro radios básicos está a palabra “donation”, coa letra D no centro do círculo. Esta mandala mostra a beleza do acto da doazón de órganos: negro para os problemas de saúde, verde para a esperanza e vermello para a vida. Finalizada no día da Pascua, como símbolo de renacemento.
6 – Corazon degradado. Aidé Partida, Nayarit, México.
O corazón degrádase, desgástase, consómese. Este feito é un proceso dexenerativo debido á idade ou ben por enfermidades cardiovasculares, mais tamén é metafórico: os sentimentos pouco a pouco desgástanse e en ocasións síntese a necesidade dun transplante.
7 – Pensando en doarte. Ángeles Saura, Madrid, España.
Doarei o meu corpo para que cando morra, volte á natureza deixando de ser sombra.
8 – Pezas que encaixan. Àngels Fos, Valencia, España.
A doazón de órganos non é un xogo, mais é igual de sinxelo. Faite doador.
9 – O corpo. Carlos Álvarez, León, España.
As costas da modelo reflicten a xenerosidade de miles de persoas que doan os seus órganos e logran desta forma sobrevivir á súa propia morte, ou vivir simultaneamente noutro corpo vivindo dalgunha forma outras vidas; vivindo noutros, doan a vida que dalgunha maneira viven. O corpo como máquina.
10 – Todo o meu corazón nun pedaciño de plástico. Marcos Vence, Galiza, España.
Para que o milagre do transplante sexa posible, é preciso anunciar a vontade de doar, por exemplo, metendo todo o teu corazón nun pedaciño de plástico.
11 – Partes do corpo. Ciro Sánchez, Galiza, España.
12 – Corazón sanguento tirado nunha poza. Gilberto López, Nayarit, México.
13 – Construíndo ilusións. Dora Román, Madrid, España.
O carné significa que unha persoa é doadora, que dá unha parte de si aos demais, e con iso contribúe a construír ilusións. Ilusións por curar, por emprender unha nova situación que conduza a mellorar a saúde.
14 – Doarte, un acto de amor. Cristina Moreno, Madrid, España.
Doarte é un acto de amor. Ter o don de darte de novo á vida, doarte, para seguir vivindo. Facer feliz ao ser que te acolle con tanto AMOR no seu corpo e a tantas persoas…
15 – Corazóns doarte agasallo de vida. Mar Barral, Galiza, España.
Instalación cerámica formada por un conxunto de pezas saídas do corazón.
É un xogo no que pode participar calquera. A ti pódeche tocar estar nunha parte ou noutra pero onde imos chegar sempre é ao mesmo destino: Á VIDA.
Podes mover as pezas ao teu antollo e verás que dun xeito ou doutro a vida sempre estará presente.
Cando os meus ollos se pechen,
Non choredes por min,
Pois aquí seguirá a miña presenza.