Letras Galegas 2015 – Rosalía de Castro

PrimeiroPremio_frente_webO Equipo de Dinamización da Lingua Galega é o motor do proxecto eTwinning “Letras Galegas”. Neste ano traballamos na quinta edición.

O que naceu como un concurso de marcapáxinas do EDLG, converteuse nun proxecto colaborativo, interdisciplinar e internacional, que ten como eixo a difusión da lingua e literatura galegas.

A autora escollida neste ano foi Rosalía de Castro pola súa proxección internacional e por ter a súa obra traducida a todos os idiomas dos centros participantes.

O resultado final é unha serie de vídeos de presentación, liña de tempo sobre a vida e obra de Rosalía de Castro, minicurso de Galego en formato vídeo, marcapáxinas, textos doutros autores italianos e portugueses traducidos e lidos en galego, e finalmente vídeos colaborativos do poema “Adiós ríos, adiós fontes”.

O profesorado participante do IES San Clemente é Cristina París, Xosé G. Ucha e Marcos Vence, xunto cos alumnos Gabriel González, David Pérez, Martín González, Rubén Mareque, Steven López, Adrián Rico, Antón Pérez, Álex Calo e Héctor Oanes, xunto con outros participantes no concurso de marcapáxinas.

Ademais, participaron dez centros de toda Europa:

  • Escola Secundária Carlos Amarante – Braga (Portugal): Adelina Moura
  • IES Praia Barraña – Boiro: Belén Arrojo Arrojo
  • Liceo Classico S. G. Calasanzio – Carcare (Italia): Bruna Giacosa e Dasa Timkova
  • Lycée professionnel Jean dArcet – Aire sur L’Adour (Francia): Christophe Hauss
  • IES Pontepedriña – Santiago de Compostela: Josefina Taboada Adán e María Jesús Vázquez
  • IES Nº1 Ribeira – Santa Uxía de Ribeira: Margarita Saborido Ojea
  • IES Eusebio da Guarda – A Coruña: María Guadalupe Gómez Noya
  • IES Muralla Romana – Lugo: María Jesús Rego Rodríguez e Paz Varela Montero
  • IES Rey Don García – Nájera: Montserrat Ansótegui
  • IES Maximino Romero de Lema – Baio: Roberto Pérez Araújo

 

Destaques:

.