Máster en Desenvolvemento de videoxogos e realidade virtual (Distancia)

Familia profesional

Informática e Comunicacións

Título que se obtén

Non se obtén un título, senón un certificado que acredite a superación do curso de especialización.

Prazas ofertadas na modalidade a distancia

30

Requisitos académicos

Para acceder ao Máster en Desenvolvemento de videoxogos e realidade virtual é necesario estar en posesión dalgún dos seguintes títulos:

    1. Técnico Superior en Administración de Sistemas Informáticos en Rede (ASIR).
    2. Técnico Superior en Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma (DAM).
    3. Técnico Superior en Desenvolvemento de Aplicacións Web (DAW).
    4. Técnico Superior en Animacións 3D, Xogos e Contornos Interactivos.

Organización do ciclo

Programacións do curso 2024-2025 no enlace do nome dos módulos.

Duración dun ano académico.

Que se aprende a facer?

Deseñar e desenvolver videoxogos para diferentes dispositivos e plataformas, garantindo a experiencia do usuario, utilizando ferramentas de última xeración que permitan actuar en todas as fases do seu desenvolvemento, así como aplicacións interactivas de realidade virtual e aumentada.

 

En que ámbitos se traballa?

Empresas, públicas e privadas do sector dos videoxogos, así como crear o seu propio estudo de desenvolvemento de videoxogos.

 

Que ocupacións se desempeñan?

Desarrollador de videoxogos, responsable de probas de videoxogos, responsable do proceso de creación de videoxogos, deseñador gráfico2D e 3D de videoxogos, desarrollador de aplicacións de realidade virtual, aumentada e mixta.

NOTA:

  • O máster pode contar con algunhas actividades presenciais. O calendario destas, publicarase antes do comezo do curso.
  • A data de comezo publicarase na páxina web do centro.
  • A distribución horaria dos diferentes módulos que conforman o curso será informada pola persoa titora  no primeiro día de inicio do curso.
  • Calquera cambio ante esta previsión se vos comunicará na web do centro como unha NOVA.

Máis Información

ies.sanclemente@edu.xunta.gal

https://www.edu.xunta.es/fp/

#FPGalicia

Teléfonos: 881 867 501 – 881 867 502, Fax: 881 867 538

 Cursos de especialización FP
 Admisión e Matrícula
 Admisión específica nos Cursos de Especialización
 Validacións
 Real Decreto do Curso de Especialización en Intelixencia artificial e Big Data
 Normativa que regula a Formación Profesional