Pek viaxa a Budapest

No próximo 30 de marzo Pek viaxará a Madrid para recoller o premio da competición nacional eTwinning. Podedes ver o artigo relacionado na páxina de eTwinning España. Posteriormente acudirá á conferencia europea en Budapest.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior

A consellería de Educación e Ordenación Universitaria comunica, no DOGA do 10 de marzo de 2011, a modificación da data, de realización das probas de acceso, aos ciclos de grao superior, do día 2 de abril ao 1 de abril.

'La expectativa generada por crear algo real resulta muy motivadora'

Na imaxe, catro dos seis alumnos do IES San Clemente participantes na primeira edición de Pek, a Pulga Viaxeira: Alberto Rey, David García-Santamarina, Francisco Alonso e María Teresa Balo. Todos eles do ciclo Sistemas Microinformáticos e Redes. Foto de Rafa Veiga. Enlace ao artigo de Magisterio

Concursos do EDLG

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente convoca os seguintes concursos: XXIV Concurso Literario IES San Clemente II Concurso de Banda Deseñada IES San Clemente I Concurso Europeo de Marcapáxinas sobre a figura do autor homenaxeado nas Letras Galegas 2011: Lois Pereiro Máis información: scedlg@gmail.com