Relatorio sobre ocio nocturno

Relatorio sobre ocio nocturno
No día 7 de marzo de 2025 tivemos o relatorio do policía local Martín Camba sobre os perigos do ocio nocturno, con moitos exemplos e consellos para desfrutarmos en seguranza.  

Visita á empresa Inforhouse

O pasado xoves 27 de febreiro realizamos unha visita á empresa Inforhouse, referente no sector da consultoría informática galega. Durante a mesma, a xefa de RRHH Cristina Nogueira, falounos sobre a historia da empresa e a súa traxectoria empresarial, os perfís laborais que necesitan incorporar, as posibilidades de desenvolvemento profesional...

O IES San Clemente no xornal Público.PT – 2025

O IES San Clemente no xornal Público.PT – 2025
Artigo do xornal nacional Público.PT sobre os ciclos plurilingües en portugués do IES San Clemente. No especial de 02/03/2025, o xornalista José Miguel Sardo publicou a entrevista que fixo no noso centro sobre a aprendizaxe de portugués nos ciclos SMR e ASIR desde o ano 2011, coa participación en proxectos...

Un “caldo de gloria” por Rosalía de Castro

A comunidade educativa do IES San Clemente festexou  o Día de Rosalía cunha exposición de obras sobre a escritora con materiais de recente adquisición da biblioteca, a difusión do poema "Miña casiña, meu lar" e cunha celebrada degustación do "caldo de gloria" na pasada sexta feira. A actividade, organizada...

Horario de apertura no entroido 2025

O horario de apertura do centro durante o entroido, os días 3, 4 e 5 de febreiro, será de 10h a 13h. As actividades lectivas reanudaranse o xoves día 6.

Sorteo 11 Febreiro. Recomendacións literarias sobre muller e ciencia

Sorteo 11 Febreiro. Recomendacións literarias sobre muller e ciencia
Xa temos gañadoras e gañadores dos tres bonos regalo de 30€  tras o sorteo realizado entre todas as vosas recomendacións literarias, para conmemorar o 11 de febreiro Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia: Sara Montero Moure de 2º DAW Ordinario. Julio Aller Acuña de 2º DAM...

15 Concurso de marcapáxinas para celebrarmos o Día das Letras Galegas

15 Concurso de marcapáxinas para celebrarmos o Día das Letras Galegas
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente de Santiago de Compostela convoca, como xa vén sendo habitual por estas datas, o 15º CONCURSO DE MARCAPÁXINAS para conmemorar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2025, sendo este ano a autoría colectiva de sete cantareiras: Adolfina e Rosa...

Exames convocatoria extraordinaria da ESA (1º Cuadrimestre) 

Os exames correspondentes á proba extraordinaria do 1º Cuadrimestre da ESA terán lugar o día 28 de febreiro de forma presencial no IES San Clemente de Santiago de Compostela e nos obradoiros de Arzúa (Recinto Feiral Terra do Queixo), Boiro (Centro Social de Abanqueiro, Aldea Abanqueiro, 69), Santa Comba (Multiúsos Terra de Xallas) e A Mezquita (Multiúsos, carretera...