• ?
  • Rexistro

VEREDICTO DO XURADO DO 37º CONCURSO LITERARIO

Pechamos o curso de concursos e certames co anuncio do veredicto do xurado do 37º CONCURSO LITERARIO convocado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente: Na modalidade de prosa, os premiados son: 1º premio (100 €): “Unha ninguén” de Lorena Louzao Alonso (alumna de 2º de Bacharelato). 2º premio (75...

Mobilidades Erasmus+ realizadas durante o curso 2023/24

Mobilidades Erasmus+ realizadas durante o curso 2023/24
Se queres saber máis sobre as experiencias do noso alumnado e do profesorado no estranxeiro podes acceder a EixoTIC. Entre o outono de 2023 e a primavera de 2024 realizaron prácticas no estranxeiro un total de 8 alumnos (7 FCTs + 1 extra curricular) a través do programa Erasmus+. Neste período...

Job Shadowing de Loaira en Lisboa

Job Shadowing de Loaira en Lisboa
A profesora do IES San Clemente Loaira Martínez viaxou até Lisboa, Portugal, para vivir unha experiencia Job Shadowing durante o mes de abril. A súa visita centrouse no Instituto de Educação Técnica (INETE), centro que imparte estudos de diferentes ámbitos da Formación Profesional como Contabilidade, Mecatrónica, Electrónica, Xestión ou...

Job Shadowing de Carlos en Matosinhos

Job Shadowing de Carlos en  Matosinhos
O profesor do IES San Clemente Carlos Doval viaxou até Matosinhos, no norte de Portugal, para vivir unha experiencia Job Shadowing no mes de maio. A súa visita centrouse na Escola Secundária Augusto Gomes, centro que imparte estudos Ensino Básico, Secundario e Formación Profesional de Turismo, Comercio e Informática. Xunto...

Certificacións Camões Júnior 2024

Certificacións Camões Júnior 2024
  No ano 2023/2024 organizamos por terceira vez o exame de certificación "Camões Júnior", do Instituto Camões. Trátase dunha certificación oficial externa de portugués para alumnado menor de idade e ANEE. Nesta ocasión participaron nove estudantes de SMR e ASIR, dos cales certificaron: un o nivel A1, tres o A2 e cinco...

Job Shadowing de Soleil en Boloña

Job Shadowing de Soleil en Boloña
A profesora do IES San Clemente María Castellanos (Soleil) viaxou até Boloña (Italia) para vivir unha experiencia Job Shadowing no mes de maio. A súa visita centrouse no Istituto Manfredi Tanari, centro que imparte estudos de Turismo, Comercio, Informática, Bacharelato, entre outros. Con colegas italianos puido realizar observación do desenvolvimento...

Finais ESA 2º Cuadrimestre convocatoria ordinaria e extraordinaria

Os exames finais da convocatoria ordinaria do 2º Cuadrimestre da ESA terán lugar o venres 31 de maio de forma presencial no IES San Clemente de Santiago e nas seguintes localidades: A Coruña (EPA Eduardo Pondal), Arzúa, Boiro, Camariñas, Dumbría, Lousame, Negreira, Santa Comba, Verín e Vigo (EPA Berbés). Os...

Job Shadowing de Mariano en Montauban

Job Shadowing de Mariano en Montauban
O profesor do IES San Clemente Mariano Sánchez viaxou até o sur de Francia para vivir unha experiencia Job Shadowing na cidade de Montauban, no mes de maio. A súa visita centrouse no Lycée Antoine Bourdelle que é un centro que imparte distintos estudos de bacharelato, tanto o xeral...

Job Shadowing de Sabela en Atenas

Job Shadowing de Sabela en Atenas
Durante o mes de abril a profesora do IES San Clemente Sabela Sobrino viviu unha experiencia de Job Shadowing na cidade de Atenas. A súa visita centrouse instituto 1º Laboratory Center of 2º Directorate of Secondary Education que alberga varias disciplinas educacionais; Educación Secundaria, Bacharelato e distintas ramas de...