Suspensión das actividades lectivas

12/03/2020 Dende o luns 16 de marzo, e ata o luns 13 de abril, os centros educativos de Galicia permanecerán pechados para o alumnado. (*) O venres 13 de marzo, recoméndase que os alumnos e alumnas non acudan ao centro, polo que se suspenden os exames e as clases...

1º Certame de Fotografía “Mulleres na sombra”

1º Certame de Fotografía “Mulleres na sombra”
B A S E S 1.- O obradoiro de igualdade do IES San Clemente convoca o 1º Certame Fotografía “MULLERES NA SOMBRA”. 2.- Poderán participartodos os membros da comunidade educativa(alumnado, profesorado e PAS). 3.- As fotografías deberán ser orixinais, inéditas e deberán difundir e transmitir unha imaxe positiva sobre a participación activa...

5º Certame de relato breve – Fallo do xurado

5º Certame de relato breve – Fallo do xurado
O xurado do 5º Certame de relato breve acordou seleccionar todos os traballos recibidos (un total de oito), que serán publicados en xuño de 2020, en Rumbo (5).

Bacharelato: exames adiantados de materias pendentes de 1º

Os exames terán lugar os días 30 de marzo e 1 de abril no mesmo horario que figura no calendario xeral do centro. Faranse no IES San Clemente de Santiago de Compostela, ou nas EPA de A Coruña, Ourense, Lugo e Vigo. O alumnado poderá presentarse en calquera destes centros...

Difusión: Loaira Martínez, presidenta da DPGaliza

Difusión: Loaira Martínez, presidenta da DPGaliza
La Voz de Galicia entrevistou a presidenta da Associação de Docentes de Português na Galiza que analiza a situación actual do Portugués como disciplina de Lingua Estranxeira en ensino secundario e como lingua vehicular en ciclos PluriFP. Artigo en La Voz de Galicia

Charla sobre trata de seres humanos con fins de explotación sexual

Charla sobre trata de seres humanos con fins de explotación sexual
O venres 21 de febreiro, Belén López e Tatiana Conde, educadoras do programa Vagalume, impartiron no noso centro unha charla titulada "A nova escravitude do século XXI: Trata de seres humanos con fins de explotación sexual, outra forma de violencia de xénero". A súa intervención tivo lugar no marco do...

Visita á incubadorada USC

Visita á incubadorada USC
O pasado martes 18 de febreiro o alumnado de 2º curso dos ciclos formativos de grao superior realizou unha visita á incubadora de empresas da Universidade de Santiago de Compostela, no Edificio Emprendia situado no Campus Vida. Nesa visita, organizada polo departamento de Formación e orientación laboral, no marco das...

Espectáculo teatral “GOLPES”

Espectáculo teatral “GOLPES”
Dende o Obradoiro de Igualdade e dentro das actividades do Plan Proxecta "Por 365 días de respecto e igualdade" organizouse para luns 2 de Marzo un espectáculo teatral sobre violencia de xénero chamado "GOLPES". Este espectáculo busca que os asistentes identifiquen os índices sociais de desigualdade latente entre homes e...

Entroido

Os días 24, 25 e 26 de febreiro o centro permanecerá pechado.