O profesorado e alumnado participante nos proxectos Letras Galegas 2019 – Antón Fraguas Fraguas, GaliMinho – Emprendedorismo da Eurorregião e Um parafuso a menos, co seu magnífico traballo, conseguiron que os avaliadores do Servizo Nacional de Apoio (INTEF, Ministerio de Educación) nos concedesen o selo de calidade.
Parabéns!!
Destacamos o primeiro...
Prácticas no estranxeiro Erasmus+ Verán 2019
En xullo e agosto de 2019, dezaoito alumnos do IES San Clemente desfrutan dunha beca Erasmus+ para realizaren prácticas extra curriculares e de recén titulado no estranxeiro:
12 de SMR, todos en Portugal: Iván Adán e Kevin Camarena en Covilhã; Francisco Refojo e Raúl Tubío en Braga; Alex Casal,...
Horario da oficina no mes de agosto
Durante o mes de agosto o centro permanecerá pechado por obras de mantemento os días 1, 2, 12, 13 e 14 .
O resto do mes a oficina abrirá en horario de 09:00 a 13:00 horas.
Difusión: Finaliza o primeiro ano de Estrela PluriFP em português
O Portal Galego da Língua publicou este artigo onde falan do ciclo Estrela PluriFP SMR do IES San Clemente, un dos dous únicos ciclos en portugués desta rede de centros, tanto no ano 2018/2019 como no 2019/2020.
https://pgl.gal/estrela-plurifp-portugues/
Prazos de matrícula na ESA e o Bacharelato a distancia no curso 2019/2020
O período de matrícula nas ensinanzas da ESA e bacharelato a distancia comeza o 2 de setembro de 2019.
Bacharelato a distancia
2 de setembro ao 26 de novembro do 2019
ESA a distancia
1º cuadrimestre: 2 de setembro ao 17 de xaneiro do 2020
2º cuadrimestre: 3 de febreiro ao 15 de maio...
Lista definitiva de admitidos na proba libre da ESA, convocatoria de setembro 2019
Hoxe publícase a listaxe definitiva de admitidos para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos, incluíndo os ámbitos validados.
Listaxe definitiva PL-ESA setembro 2019 (grupo A)
Listaxe definitiva PL-ESA setembro 2019 (grupo B)
Listaxe exentos galego PL-ESA setembro 2019
Lista provisional de admitidos na proba libre da ESA, convocatoria de setembro 2019
Hoxe publícase a listaxe provisional de admitidos para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos, incluíndo os ámbitos validados.
Contra esta listaxe poderase presentar unha reclamación ata o día 23 de xullo as 14:00 horas mediante instancia dirixida á Presidenta do tribunal.
Listaxe...
HORARIOS DE MODULAR PRESENCIAL PARA EL CURSO 2019-20
Modular Horario Primero DAW
Modular Horario Primero ASIR
Modular Horario segundo ASIR
Modular Horario segundo DAW
Exames ESA setembro 2019
O venres 6 de setembro terán lugar os exames extraordinarios do 2º cuadrimestre da ESA, co mesmo horario que durante o curso, no IES San Clemente de Santiago e nas sedes de Arzúa, Boiro, Santa Comba, Verín e Vigo.
Venres 6 de setembro
09,30h
10,30h
Ámbito Social
10,30h
11,40h
Ámbito Científico-Tecnolóxico
12,00h
13,30h
Ámbito de Comunicación
Proxectos Europeos – Informe final 2018/2019
Durante o presente ano escolar, no IES San Clemente realizáronse os seguintes proxectos europeos:
Mobilidades Erasmus+ KA116 e KA103 para a realización de prácticas e estudos no estranxeiro:
Ciclo Medio, 19 mobilidades: 5 de FCTs, 2 de recén titulados e 12 extra curriculares, todas en Portugal (Lisboa, Porto, Covilhã e...