SELECTIVIDADE XUÑO 2013

Procedemento a seguir: 1- Presentarse na oficina do IES San Clemente (9:00h-13:00h), para recoller os impresos 2- Cubrilos e levalos ao banco 3- Presentar a seguinte documentación no Instituto. Taxas do Título de Bacharelato pagadas. Ver táboa* Taxas de Selectividade pagadas. Ver táboa** 2 fotocopias do DNI Impreso para a matrícula da PAU cuberto Días de...

RECLAMACIÓNS DE 2º DE BACHARELATO

A CIRCULAR Nº2/2013 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se desenvolve a Orde do 22 de abril de 2010, pola que se establece o procedemento que compre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do Bacharelato establecido na Lei Orgánica 2/2006,...

eTwinning Camp en Croacia

eTwinning Camp en Croacia
Do 25 ao 27 de abril celebrouse en Tuhelj (Croacia) o eTwinning Camp 2013, con presenza dos alumnos do IES San Clemente: Jose Luis Rego, Daniel Vieites e Alfonso Padín, membros do proxecto Pek, the Traveller Flea 3, que recentemente gañou o primeiro premio europeo na categoría 16 a...

Plan de modernizacion e internacionalizacion do centro

Publicada a estratexia a longo prazo do IES San Clemente relacionada co plurilingüismo, FCT no estranxeiro, participación en programas europeos e recoñecemento de competencias. IES San Clemente - Plan de modernizacion e internacionalizacion do centro    

Concursos do EDLG – 2013

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente convoca os seguintes concursos: XXVI Concurso Literario IES San Clemente III Concurso Europeo de Marcapáxinas sobre a figura do autor homenaxeado nas Letras Galegas 2013: Roberto Vidal Bolaño Máis información: scedlg@gmail.com              

Galego-Portugués ou viceversa

Galego-Portugués ou viceversa
    O día 18 de abril de 2013, o escritor e profesor da EOI da Coruña, Joam Guisan, presentou no IES San Clemente a actividade Galego-Portugués ou viceversa. O alumnado asistente, de 1ºSMR, puido comprobar con multitude de exemplos, os puntos en común que teñen ambas linguas.            

Entrega do premio europeo eTwinning 2013

Entrega do premio europeo eTwinning 2013
Do 14 ao 16 de marzo celebrouse en Lisboa a conferencia anual eTwinning 2013, con presenza do profesor do IES San Clemente, Marcos Vence Ruibal, que xunto a sete compañeiras do proxecto Pek, the Traveller Flea 3, recolleu o primeiro premio europeo na categoría 16 a 19 anos. Ademais da...

Alumnado do IES San Clemente realiza a FCT no estranxeiro

Alumnado do IES San Clemente realiza a FCT no estranxeiro
Comeza a FCT no estranxeiro para tres alumnos do ciclo SMR e seis do ciclo DAM, que xa viaxaron a Lisboa e Dublín respectivamente. Durante a semana previa ao comezo do período de prácticas, participan nun curso de lingua e realizan actividades culturais.Os participantes son beneficiarios de bolsas Leonardo da...