Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes. Oferta Modular

Familia profesional

Informática

Título que se obtén

Técnico en Sistemas Microinformáticos e Redes

Prazas ofertadas na modalidade a distancia

50 por módulo

Saídas profesionais

Estas persoas exercen a súa actividade nomeadamente en empresas do sector de servizos dedicadas á comercialización, á montaxe e á reparación de equipamentos, redes e servizos microinformáticos en xeral, como parte do soporte informático da organización, ou en entidades de calquera tamaño e calquera sector produtivo que utilicen sistemas microinformáticos e redes de datos para a súa xestión.

As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

  • Técnico/a instaladora/a ou reparador/a de equipamentos informáticos.
  • Técnico/a de soporte informático.
  • Técnico/a de redes de datos.
  • Reparador/a de periféricos de sistemas microinformáticos.
  • Comercial de microinformática.
  • Operador/a de teleasistencia.
  • Operador/a de sistemas.

Duración

Nestes estudos podes elixir o número de módulos que ti entendas que podes superar cada ano segundo as túas circunstancias laborais, familiares, etc.   Todos os módulos (incluídos os de segundo ano) realízanse entre os meses de setembro e xuño.  Cando teñas superados todos os módulos de FCE, poderás realizar, de outubro a decembro,  as prácticas en empresas por un total de 410 horas.

Oferta Modular

Programacións para o curso 2024-2025

Módulos de primeiro ano

Módulos Horas
Montaxe en matemento de equipamentos 240
Sistemas operativos monoposto 160
Aplicacións ofimáticas 240
Redes locais 213
Formación e orientación laboral 107

Módulos de segundo ano

Módulos Horas
Sistemas operativos en rede 157
Seguridade informática 140
Servizos en rede 157
Aplicacións web 123
Empresa e iniciativa emprendedora 53

Despois de superados os módulos anteriores

Módulos Horas
Formación en centros de traballo 410

Máis Información

https://www.edu.xunta.es/fp/

#FPGalicia

 Admisión e Matrícula
 Probas acceso a ciclos
 Validacións
 Currículos dos ciclos
 Formación en Centros de Traballo
 Normativa que regula a Formación Profesional
Suplementos Europass ao título