Ciclo Superior de Administración de Sistemas Informáticos en rede. Oferta Modular
Familia profesional
Informática
Título que se obtén
Técnico Superior en Administración de Sistemas Informáticos en Rede
Prazas ofertadas na modalidade a distancia
100 por módulo
Saídas profesionais
Este profesional exerce a súa actividade na área de informática de entidades que dispoñan de sistemas para a xestión de datos e infraestrutura de redes (intranet, internet e/ou extranet).
As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:
- Técnico/a en administración de sistemas.
- Responsable de informática.
- Técnico/a en servizos de internet.
- Técnico/a en servizos de mensaxaría electrónica.
- Persoal de apoio e soporte técnico.
- Técnico/a en teleasistencia.
- Técnico/a en administración de base de datos.
- Técnico/a de redes.
- Supervisor/ora de sistemas.
- Técnico/a en servizos de comunicacións.
- Técnico/a en contornos web.
Duración
Nestes estudos podes elixir o número de módulos que ti entendas que podes superar cada ano segundo as túas circunstancias laborais, familiares, etc. Todos os módulos (incluídos os de segundo ano) realízanse entre os meses de setembro e xuño. Cando teñas superados todos os módulos de FCE, poderás realizar, de outubro a decembro, as prácticas en empresas por un total de 384 horas (máis o módulo de Proxecto).
Oferta Modular
Programacións para o curso 2024-2025
Módulos de primeiro ano
Módulos | Horas |
Implantación de sistemas operativos | 213 |
Planificación e administración de redes | 213 |
Fundamentos de hardware | 107 |
Xestión de bases de datos | 187 |
Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información | 133 |
Formación e orientación laboral | 107 |
Módulos de segundo ano
Módulos | Horas |
Administración de sistemas operativos | 140 |
Servizos de rede e internet | 140 |
Implantación de aplicacións web | 122 |
Administración de sistemas xestores de bases de datos | 70 |
Seguridade e alta dispoñibilidade | 105 |
Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
Despois de superados os módulos anteriores
Módulos | Horas |
Proxecto de administración de sistemas informáticos en rede | 26 |
Formación en centros de traballo | 384 |
Máis Información
Admisión e Matrícula
Probas acceso a ciclos
Validacións
Currículos dos ciclos
Formación en Centros de Traballo
Normativa que regula a Formación Profesional
Suplementos Europass ao título