Ciclo Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma. Oferta Modular
Familia profesional
Informática
Título que se obtén
Técnico Superior en Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma
Prazas ofertadas na modalidade a distancia
100 por módulo
Saídas profesionais
As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en entidades públicas ou privadas de calquera tamaño, tanto por conta allea como por conta propia, e desempeñan o seu traballo na área de desenvolvemento de aplicación informáticas multiplataforma en diversos ámbitos: xestión empresarial e de negocio, relacións con clientes, educación, lecer, dispositivos móbiles e entretemento; aplicación desenvolvidas e implantadas en contornos de alcance intranet, extranet e Internet; e implantación e adaptación de sistemas de planificación de recursos empresariais e de xestión de relacións con clientes.
As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:
- Desenvolvedor de aplicacións informáticas para a xestión empresarial e de negocio.
- Desenvolvedor de aplicacións de propósito xeral.
- Desenvolvedor de aplicacións no ámbito do entretemento e a informática móbil
Duración
Nestes estudos podes elixir o número de módulos que ti entendas que podes superar cada ano segundo as túas circunstancias laborais, familiares, etc. Todos os módulos (incluídos os de segundo ano) realízanse entre os meses de setembro e xuño. Cando teñas superados todos os módulos de FCE, poderás realizar, de outubro a decembro, as prácticas en empresas por un total de 384 horas (máis o módulo de Proxecto).
Oferta Modular
Programacións para o curso 2024-2025
Módulos de primeiro ano
Módulos | Horas |
Bases de datos | 187 |
Contornos de desenvolvemento | 107 |
Formación e orientación laboral | 107 |
Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información | 133 |
Programación | 240 |
Sistemas informáticos | 186 |
Módulos de Segundo ano
Módulos | Horas |
Acceso a Datos | 157 |
Desenvolvemento de interfaces | 140 |
Programación multimedia e dispositivos móbiles | 123 |
Programación de servizos e procesos | 70 |
Sistemas de xestión empresarial | 87 |
Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
Despois de superados os módulos anteriores
Módulos | Horas |
Proxecto de desenvolvemento de aplicacións multiplataforma | 26 |
Formación en centros de traballo | 384 |
Máis Información
Admisión e Matrícula
Probas acceso a ciclos
Validacións
Currículos dos ciclos
Formación en Centros de Traballo
Normativa que regula a Formación Profesional
Suplementos Europass ao título