Ciclo Superior Desenvolvemento de Aplicacións Web. Oferta Modular
Familia profesional
Informática
Título que se obtén
Técnico Superior en Desenvolvemento de Aplicacións Web
Prazas ofertadas na modalidade a distancia
100 por módulo
Saídas profesionais
As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en empresas
ou entidades públicas ou privadas, por conta allea ou por conta propia, e desem-
peñan o seu traballo na área de desenvolvemento de aplicacións informáticas rela-
cionadas con contornos web (intranet, extranet e internet).
As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:
- Programador/ora web.
- Programador/ora multimedia.
- Desenvolvedor/ora de aplicacións en contornos web.
Duración
Nestes estudos podes elixir o número de módulos que ti entendas que podes superar cada ano segundo as túas circunstancias laborais, familiares, etc. Todos os módulos realízanse entre os meses de setembro e xuño. Cando teñas superados todos os módulos de FCE, poderás realizar, de outubro a decembro, as prácticas en empresas por un total de 384 horas (máis o módulo de Proxecto).
Oferta Modular
Programacións para o curso 2024-2025
Módulos de primeiro ano
Módulos | Horas |
Bases de datos | 187 |
Contornos de desenvolvemento | 107 |
Formación e orientación laboral | 107 |
Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información | 133 |
Programación | 240 |
Sistemas informáticos | 186 |
Módulos de segundo ano
Módulos | Horas |
Desenvolvemento web en contorno cliente | 157 |
Desenvolvemento web en contorno servidor | 175 |
Despregamento de aplicacións web | 88 |
Deseño de interfaces web | 157 |
Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
Despois de superados os módulos anteriores
Módulos | Horas |
Proxecto de desenvolvemento de aplicacións multiplataforma | 26 |
Formación en centros de traballo | 384 |
Máis Información
Admisión e Matrícula
Probas acceso a ciclos
Validacións
Currículos dos ciclos
Formación en Centros de Traballo
Normativa que regula a Formación Profesional
Suplementos Europass ao título