ESA
Requisitos
Os requisitos para cursar a Educación Secundaria de Adultos no nivel II son:
- Ser maior de idade ou cumprir 18 anos no ano natural no que comeza o cuadrimestre. Por exemplo, no curso 2024/25 deberá ter 18 anos no ano 2024 para poder matricularse do primeiro cuadrimestre, ou no 2025 para o segundo cuadrimestre.
A dirección territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional correspondente poderá autorizar a matriculación do alumnado maior de dezaseis
anos, ou que os cumpra no primeiro ano do curso, nos seguintes casos:
- Alumnado que estea en posesión do título de bacharel e desexe adquirir outra modalidade ou vía, previo informe do servizo territorial da Inspección Educativa.
- Alumnado que curse simultaneamente ensinanzas profesionais de música ou de danza, previo informe do servizo territorial da Inspección Educativa.
- Alumnado que curse simultaneamente ensinanzas profesionais de grao medio de artes plásticas e deseño, previo informe do servizo territorial da Inspección Educativa.
- Alumnado que curse simultaneamente un ciclo formativo de grao medio, previo informe do servizo territorial da Inspección Educativa.
- Cando concorran circunstancias que lle impida acudir a centros educativos ordinarios e que estean debidamente acreditadas (cargas familiares, vítimas de violencia, mulleres
embarazadas, menores en situación de risco ou desamparo etc.) ou que non estiveran escolarizadas no sistema educativo español, previo informe do servizo territorial da Inspección Educativa.
Táboa de equivalencias entre EXB, ESO e Educación Secundaria para Adultos
Sistema educativo Lei 1970 | Educación Secundaria Obrigatoria | Educación secundaria para persoas adultas |
7º da Educación Xeral Básica | 1º da Educación Secundaria Obrigatoria | Módulo I, Nivel II |
8º de Educación Xeral Básica e título de graduado escolar ou certificado de escolaridade | Segundo curso da Educación Secundaria Obrigatoria | Módulo II, Nivel II |
Primeiro curso de Bacharelato Unificado e Polivalente con dúas materias pendentes, como máximo, ou primeiro curso de Formación Profesional de Primeiro Grao | Terceiro curso da Educación Secundaria Obrigatoria | Módulo III, Nivel II |
Segundo curso de Bacharelato Unificado e Polivalente ou segundo curso de Formación Profesional de Primeiro Grao e título de técnico auxiliar | Cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria. Título de graduado en Educación Secundaria | Módulo IV, Nivel II. Título de graduado en Educación Secundaria |
Matrícula
Infórmate sobre a matrícula na ESA a distancia.