Ciclo Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Web Dual
Familia profesional
Informática
Título que se obtén
Técnico Superior en Desenvolvemento de Aplicacións Web
Prazas ofertadas
Non se ofertan prazas na actualidade
Requisitos académicos
Ademais dos requisitos académicos xerais de acceso aos ciclos superiores, o alumnado deberá superar os específicos da FP Dual.
Organización do ciclo
Formación compartida entre o IES San Clemente e as empresas:
- Inforhouse S.L.
- Balidea Consulting&Programming S.L.
- Altia Consultores S.A.
- Codebit Systems S.L.
- Nática sistemas de información S.L.
- SquareetLabs S.L.
- Segula Technologies Spain S.A.
- Eviden S.A.
Os candidatos e candidatas seleccionados percibirán da empresa, durante a estadía completa na mesma, unha bolsa por un importe mensual de 540€. O resto do tempo, percibirán unha contía proporcional ao tempo adicado á actividade profesionalizadora na empresa.
Desenvólvese durante os cursos 2023/2024 e 2024/2025.
Programacións
Programacións para o curso 2024-2025
Primeiro ano
Módulos | Horas |
Bases de datos | 187 |
Contornos de desenvolvemento | 107 |
Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información | 133 |
Programación | 240 |
Sistemas informáticos | 186 |
Formación e orientación laboral | 107 |
Linguaxe estranxeira profesional I | 53 |
Segundo ano
Módulos | Horas |
Desenvolvemento web en contorno servidor | 175 |
Desenvolvemento web en contorno cliente | 157 |
Despregamento de aplicacións web | 88 |
Deseño de interfaces web | 157 |
Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
Despois de superados os módulos anteriores
Módulos | Horas |
Proxecto de desenvolvemento de aplicacións web | 26 |
Formación en centros de traballo | 384 |
Saídas profesionais
As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en empresas ou entidades públicas ou privadas, por conta allea ou por conta propia, e desempeñan o seu traballo na área de desenvolvemento de aplicacións informáticas relacionadas con contornos web (intranet, extranet e internet).
As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:
- Programador/ora web.
- Programador/ora multimedia.
- Desenvolvedor/ora de aplicacións en contornos web.
Máis Información
ies.sanclemente@edu.xunta.gal, sxfp@edu.xunta.es
Teléfonos: 881 867 501 – 881 867 502
FP Dual
Admisión e Matrícula
Admisión específica na FP Dual
Probas acceso a ciclos
Validacións
Currículos dos ciclos
Formación en Centros de Traballo
Normativa que regula a Formación Profesional
Suplementos Europass ao título