Ciclo Superior de Administración de Sistemas Informáticos en Rede. Oferta Ordinaria

Familia profesional

Informática

Título que se obtén

Técnico Superior en Administración de Sistemas Informáticos en Rede

Prazas ofertadas no réxime ordinario

60 (30 Plurilingüe en horario de mañá e 30 en horario de tarde)

Saídas profesionais

Este profesional exerce a súa actividade na área de informática de entidades que dispoñan de sistemas para a xestión de datos e infraestrutura de redes (intranet, internet e/ou extranet).

As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

  • Técnico/a en administración de sistemas.
  • Responsable de informática.
  • Técnico/a en servizos de internet.
  • Técnico/a en servizos de mensaxaría electrónica.
  • Persoal de apoio e soporte técnico.
  • Técnico/a en teleasistencia.
  • Técnico/a en administración de base de datos.
  • Técnico/a de redes.
  • Supervisor/a de sistemas.
  • Técnico/a en servizos de comunicacións.
  • Técnico/a en contornos web.

Duración

Estes estudios teñen unha duración de 2 anos académicos, realizando no último trimestre do 2º ano prácticas en empresas por un total de 384 horas (máis o módulo de Proxecto).

Idiomas

As linguas utilizadas para o ensino/aprendizaxe son o galego e o castelán.

Ademais, impártense en portugués (no ciclo plurilingüe, en horario de mañá):

  • o módulo Fundamentos de Hardware, de 1ASIR,
  • o módulo Administração de Sistemas Gestores de Bases de Dados, de 2ASIR,

Consultar a previsión de módulos en lingua estranxeira para o próximo ano lectivo (próximamente).

Programacións

Programacións para o curso 2024-2025

Horarios

24-25 1º ASIR Mañá ORD

24-25 1º ASIR Tarde ORD

24-25 2º ASIR ORD

Módulos do primeiro ano

 

Módulos Horas
Implantación de sistemas operativos 213
Planificación e administración de redes 213
Fundamentos de hardware 78
Xestión de bases de datos 156
Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información 103
Itinerario persoal para a empregabilidade I 107
Sustentabilidade 30
Inglés 60

Módulos do segundo ano (curso 2024-2025)

Módulos Horas
Administración de sistemas operativos 140
Servizos de rede e internet 140
Implantación de aplicacións web 122
Administración de sistemas xestores de bases de datos 70
Seguridade e alta dispoñibilidade 105
Empresa e iniciativa emprendedora 53

Despois de superados os módulos anteriores

Módulos Horas
Proxecto de desenvolvemento de aplicacións web 26
Formación en centros de traballo 384

Máis Información

https://www.edu.xunta.es/fp/

#FPGalicia

Admisión e Matrícula
Probas acceso a ciclos
Validacións
Currículos dos ciclos
Formación en Centros de Traballo
Normativa que regula a Formación Profesional
Suplementos Europass ao título