Ciclo Superior Plurilingüe de Desenvolvemento de Aplicacións Web. Oferta Ordinaria
Familia profesional
Informática
Título que se obtén
Técnico Superior en Desenvolvemento de Aplicacións Web
Prazas ofertadas no réxime ordinario
30 (en horario de mañá)
Saídas profesionais
As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en empresas ou entidades públicas ou privadas, por conta allea ou por conta propia, e desempeñan o seu traballo na área de desenvolvemento de aplicacións informáticas relacionadas con contornos web (intranet, extranet e internet).
As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son:
- Programador/a web.
- Programador/a multimedia.
- Desenvolvedor/a de aplicacións en contornos web.
Duración
A duración é de dous anos. Os módulos de 1º ano realízanse entre os meses de setembro e xuño e os de 2º ano entre os meses de setembro e marzo. Cando teñas superados todos os módulos de FCE, poderás realizar, de abril a xuño, as prácticas en empresas por un total de 384 horas (máis o módulo de Proxecto).
Idiomas
As linguas utilizadas para o ensino/aprendizaxe son o galego e o castelán.
Ademais, impártese en inglés:
- o módulo Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información, de 1DAW,
- o módulo Inglés Lingua Estranxeira Profesional I de 1DAW,
- os módulos Desenvolvemento web en contorno servidor e Despregamento de Aplicacións Web de 2DAW,
- o módulo Inglés Lingua Estranxeira Profesional II de 2DAW,
Consultar a previsión de módulos en lingua estranxeira para o próximo ano lectivo.
Programacións
Programacións para o curso 2024-2025
Horarios
Módulos de primeiro ano
Módulos | Horas |
Bases de datos | 187 |
Contornos de desenvolvemento | 78 |
Itinerario persoal para empregabilidade I | 107 |
Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información | 103 |
Programación | 240 |
Sistemas informáticos | 155 |
Sustentabilidade | 30 |
Inglés | 60 |
Módulos de segundo ano
Módulos | Horas |
Desenvolvemento web en contorno cliente | 157 |
Desenvolvemento web en contorno servidor | 175 |
Despregamento de aplicacións web | 88 |
Inglés Lingua Estranxeira Profesional II | 53 |
Deseño de interfaces web | 157 |
Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
Despois de superados os módulos anteriores
Módulos | Horas |
Proxecto de desenvolvemento de aplicacións web | 26 |
Formación en centros de traballo | 384 |
Máis Información
Admisión e Matrícula
Probas acceso a ciclos
Validacións
Currículos dos ciclos
Formación en Centros de Traballo
Normativa que regula a Formación Profesional
Suplementos Europass ao título