Ciclo Superior Plurilingüe de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma. Oferta Ordinaria
Familia profesional
Informática
Título que se obtén
Técnico Superior en Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma
Prazas ofertadas no réxime ordinario
30 (en horario de mañá)
Saídas profesionais
As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en entidades públicas ou privadas de calquera tamaño, tanto por conta allea como por conta propia, e desempeñan o seu traballo na área de desenvolvemento de aplicación informáticas multiplataforma en diversos ámbitos: xestión empresarial e de negocio, relacións con clientes, educación, lecer, dispositivos móbiles e entretemento; aplicación desenvolvidas e implantadas en contornos de alcance intranet, extranet e Internet; e implantación e adaptación de sistemas de planificación de recursos empresariais e de xestión de relacións con clientes.
As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:
- Desenvolvedor/a de aplicacións informáticas para a xestión empresarial e de negocio.
- Desenvolvedor/a de aplicacións de propósito xeral.
- Desenvolvedor/a de aplicacións no ámbito do entretemento e a informática móbil
Duración
Estes estudios teñen unha duración de 2 anos académicos, realizando no último trimestre do 2º ano prácticas en empresas por un total de 384 horas (máis o módulo de Proxecto).
Idiomas
As linguas utilizadas para o ensino/aprendizaxe son o galego e o castelán.
Ademais, impártese en inglés:
- o módulo Linguaxes de Marcas e Sistemas de Xestión de Información de 1DAM,
- o módulo Inglés Lingua Estranxeira Profesional I de 1DAM,
- o módulo Programación Multimedia e Dispositivos Móbiles de 2DAM,
- o módulo Inglés Lingua Estranxeira Profesional II de 2DAM,
Consultar a previsión de módulos en lingua estranxeira para o próximo ano lectivo.
Programacións
Programacións para o curso 2024-2025
Horarios
Módulos do primeiro ano
Módulos | Horas |
Bases de datos | 187 |
Contornos de desenvolvemento | 78 |
Itinerario persoal para a empregabilidade | 107 |
Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información | 103 |
Programación | 240 |
Sistemas informáticos | 155 |
Inglés | 60 |
Sustentabilidade | 30 |
Módulos do segundo ano
Módulos | Horas |
Acceso a Datos | 157 |
Desenvolvemento de interfaces | 140 |
Programación multimedia e dispositivos móbiles | 123 |
Programación de servizos e procesos | 70 |
Sistemas de xestión empresarial | 87 |
Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
Despois de superados os módulos anteriores
Módulos | Horas |
Proxecto de desenvolvemento de aplicacións multiplataformab | 26 |
Formación en centros de traballo | 384 |
Máis Información
Admisión e Matrícula
Probas acceso a ciclos
Validacións
Currículos dos ciclos
Formación en Centros de Traballo
Normativa que regula a Formación Profesional
Suplementos Europass ao título