Probas para Obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos.
A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece no seu artigo 5 que todas as persoas deben ter a posibilidade de se formar ao longo da vida, e que o sistema educativo debe facilitar e as administracións públicas deben promover que toda a poboación chegue a alcanzar unha formación de educación secundaria postobrigatoria ou equivalente. Consonte o anterior, estas probas teñen por finalidade permitir ás persoas participantes obter directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional, sempre que demostren ter alcanzados os obxectivos establecidos na citada Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, para a formación profesional, así como os fixados no currículo respectivo.
Realizaráse unha convocatoria anual de probas libres para a obtención de títulos de formación profesional establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en todos os centros públicos, dos ciclos formativos de formación profesional que teñan autorizados, naqueles módulos profesionais que conten con alumnado matriculado no curso académico correspondente.
Poderán ser obxecto de avaliación na devandita convocatoria todos os módulos profesionais dos ciclos formativos autorizados, agás os módulos profesionais de formación en centros de traballo (FCT) e de proxecto.
Máis información
Probas libres FP LOE curso 2023-2024 no IES San Clemente
Convocatoria 2024 Neste enlace tedes información sobre o proceso de admisión para as probas libres FP co calendario para presentar as solicitudes na convocatoria xuño 2024