Curriculum Europass
O curriculum vitae Europass é un documento válido a nivel europeo que permite presentar as capacidades e cualificacións de maneira sinxela, clara e fácil.
Pasos:
- Se non tes conta, en primeiro lugar tes que creala.
- A continuación, crea o teu perfil coa mesma información que desexas compartir no teu CV. Importante: debe cubrirse no idioma do país onde se vai optar a un posto de traballo ou a realizar as prácticas.
- Debe incluír o máis salientable da experiencia académica e laboral de cada persoa. As FCTs e traballos non remunerados tamén se poden colocar en experiencia laboral.
- O nivel 5 corresponde a un ciclo superior e o nivel 3 a un ciclo medio.
- Para finalizar, pódese compartir o perfil ou tamén se pode crear un CV en formato PDF a partir dos datos do perfil.
Aquí podedes encontrar información útil para creares o teu CV Europass:
- Exemplos en inglés (ciclos ASIR, DAM e DAW) e portugués (ciclo SMR)
- Nomes dos ciclos e dos módulos en inglés