Información sobre as probas de acceso a ciclos
Requisitos de inscrición
Grao medio. Quen non cumpra os requisitos académicos esixidos eteña cumpridos dezasete anos ou os cumpra no ano.
Grao superior. Quen non cumpra os requisitos académicos e se atope nalgunha das seguintes situacións:
- Ter cumpridos dezanove anos ou cumprilos no ano.
- Cumprir ou ter cumpridos dezaoito anos no ano e dispor dun título de técnico que pertenza a algunha familia profesional incluída na opción á que opta, consonte á táboa do anexo .
Estrutura e organización da proba
Grao medio
- Parte sociolingüística. Ttres probas:
- Lingua castelá.
- Lingua galega.
- Ciencias sociais.
- Parte matemática. Unha proba:
- Matemáticas.
- Parte científicotécnica. Dúas probas:
- Ciencias da natureza.
- Tecnoloxía.
Grao Superior
- Parte común. Tres probas:
- Lingua galega.
- Lingua castelá.
- Matemáticas.
- Parte específica (*). Hai tres opcións (A, B e C):
- Opción A: economía da empresa, lingua estranxeira (inglés ou francés), e filosofía e cidadanía.
- Opción B: debuxo técnico, tecnoloxía industrial, e física.
- Opción C: ciencias da terra e ambientais, química, e bioloxía.
(*) Na solicitude elixirase unha única opción (A, B ou C) e, dentro da opción elixida, escolleranse dúas materias
Exencións
Grao medio
Exención total (acreditando algunha das seguintes circunstancias):
- Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
- Ter superada a proba de acceso a ciclos formativos de grao superior, de ensinanzas deportivas ou de artes plásticas e deseño.
- Ter superada a proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de ensinanzas deportivas ou de artes plásticas e deseño.
Deben presentar o certificado acreditativo na secretaría do centro correspondente.
Exención parcial (acreditando algunha das seguintes circunstancias)
- Segundo curso dun programa de cualificación profesional inicial (PCPI).
- Nivel II da educación secundaria para as persoas adultas (ESA).
- Exención da parte sociolingüística
- Superación do ámbito de comunicación.
- Superación do ámbito social.
- Exención da parte matemática.
- Superación do ámbito científico-tecnolóxico.
- Exención da parte científico-técnica.
- Superación do ámbito científico-tecnolóxico.
- Exención da parte científico-técnica
- Superación dos módulos específicos profesionais con ou sen ter realizado o módulo de formación en centros de traballo dun PCPI.
- Dispor dun certificado de profesionalidade.
- Ter, como mínimo, un ano de experiencia laboral en xornada completa, con independencia do campo profesional en que se traballara. As persoas interesadas deberán cumprir este requisito con anterioridade ao remate do período de inscrición para as probas.
Grao Superior
Exención total:
- Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
Exención parcial (acreditando algunha das seguintes circunstancias):
- Exención da parte común.
- Ter superada a proba de acceso a outros ciclos formativos de grao superior de réxime xeral non incluídos na opción pola que se presenta, consonte a táboa anexa ao final do documento.
- Ter superada unha proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de ensinanzas deportivas ou de artes plásticas e deseño.
- Exención da parte específica.
- Ter superado un ciclo formativo de grao medio que pertenza a algunha das familias profesionais incluídas na opción pola que se presenta, consonte a táboa anexa ao final do documento.
- Dispor dun certificado de profesionalidade de nivel 2 ou superior dalgunha das familias profesionais incluídas na opción pola que se presenta, consonte a táboa anexa ao final do documento.
- Ter, como mínimo, un ano de experiencia laboral en xornada completa en campos profesionais que se correspondan con algunha das familias profesionais incluídas na opción pola que se presenta, consonte a táboa anexa ao final do documento.
- Ter a condición de deportistas de alto nivel ou de alto rendemento (no caso de presentarse pola opción C).