Pek, the Traveller Flea #1
Pek, a Pulga Viaxeira, é un proxecto eTwinning (que forma parte de Comenius, o programa da UE para o ensino escolar). O resultado final é unha revista de banda deseñada, feita por varios centros europeos, publicada en todas as súas linguas, en PDF, web e papel.
Entre outros recoñecementos, obtivo o Selo de Calidade Europeo eTwinning, segundo premio nos eLearning Awards 2010, primeiro premio na competición nacional eTwinning en Grecia e España, e finalista na competición europea eTwinning 2011.
O equipo de alumnos do IES San Clemente está formado polos seguintes estudantes de 1º SMR: Francisco Alonso Rodríguez, María Teresa Balo Martínez, Daniel Bonilla Montero, David García-Santamarina Liñeira, Alberto Rey Rey e María José Suárez Varela. Profesor: Marcos Vence Ruibal.
(Toda a información foi publicada nas ferramentas Twinblog e New-TwinSpace que foron desactivadas polo Servizo Central de Apoio).
Máis información en:
Issuu