Ciclos PluriFP
O IES San Clemente imparte módulos en lingua estranxeira desde o ano 2008 (inicialmente como seccións bilingües), co obxectivo de mellorar o desenvolvemento persoal e profesional do alumnado, adquirindo vocabulario técnico e preparándoo para a realización da FCT no estranxeiro e para o futuro laboral.
Desde 2018 contamos con ciclos plurilingües, no marco da iniciativa Edulingüe da Consellaría de Educación. Nese ano comezou a impartirse o ciclo medio plurilingüe Sistemas Microinformáticos e Redes en portugués, no ano seguinte o ciclo superior plurilingüe Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma en inglés e no 2021 os ciclos de grado superior en Desenvolvemento de Aplicacións Web (inglés) e Administración de Sistemas Informáticos en Rede (portugués).
Ano escolar 2024-2025:
Módulos impartidos en lingua estranxeira:
- 1SMR – Aplicacións ofimáticas: Portugués
- 2SMR – Servizos en rede: Portugués
- 1ASIR – Fundamentos de hardware: Portugués
- 2ASIR – Administración de sistemas xestores de bases de datos: Portugués
- 1DAM – Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información: Inglés
- 2DAM – Programación de servizos e procesos: Inglés
- 1DAW – Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información: Inglés
- 2DAW – Desenvolvemento web en contorno servidor: Inglés
O alumnado que solicite praza no IES San Clemente, debe ter en conta esta información.
Listaxes oficiais de ciclos PluriFP
Máis información:
Módulo Lingua Estranxeira Profesional
Os grupos pertencentes a un ciclo PluriFP, teñen un módulo voluntario de LEP que se imparte en horario de tarde ou actividades equivalentes.
As clases de lingua estranxeira, entre outros obxectivos, preparan o alumnado para a obtención dunha certificación oficial mediante exame externo. Todo o alumnado ten a oportunidade de certificar oficialmente o seu nivel de lingua estranxeira.
PluriFP e Erasmus+ en Portugal (DPGaliza e Xunta, 2022)
Os inicios das seccións bilingües no IES San Clemente (vídeo de 2012)