Certifica o teu nivel!

O IES San Clemente organiza probas de certificación oficiais de Inglés e Portugués, coa axuda económica da Consellaría de Educación.

O alumnado do IES San Clemente pode solicitar unha axuda económica para o pago (total ou parcial) das taxas de inscrición nos exames de certificación.

Informaremos por correo interno tanto dos prazos de solicitude como do proceso posterior.

 

English

A proba realízase nas instalacións do Piccadilly English in Motion: Certificado Oxford de inglés para a obtención dos niveis B1, B2 ou C1.

Como alternativa, pódese solicitar a axuda para realizar a proba libre nunha EOI.

 

Português

O exame realízase no CAPLE, na sede da Academia Lorca ou na Facultade de Filoloxía da USC. O alumnado Erasmus+ tamén pode realizar a mesma proba na cidade de destino, tipicamente Lisboa ou Porto.

Como alternativa, pódese solicitar a axuda para realizar a proba libre nunha EOI.

Tamén realizamos nas instalacións do IES o exame “Camões Júnior” para menores de idade e ANEE.

Testes modelo do CAPLE e das EOI

 

EU Academy

Este portal da Unión Europea ofrece probas de nivel e cursos online gratuítos que poden ser útiles para preparar os exames de certificación, para iniciarse nunha lingua estranxeira, antes dunha mobilidade Erasmus+, etc. Atención, se aínda non tes conta UE, créaa usando o teu email persoal, non empregues o do IES.

 

Solicitude de transferencia

Se tes dereito ao aboamento das taxas da EOI ou noutro caso excepcional, podes solicitar a transferencia cubrindo este formulario despois de realizar o exame, cando teñas os resultados.

Formulario para o alumnado 24/25 (proximamente)

 

Máis información

plurifp@iessanclemente.net