Grupo de traballo 2009-2010 “Normalización Lingüística e ensinanza telemática”

O grupo de traballo “Normalización Lingüística e ensinanza telemática” naceu da inquedanza dos membros do departamento de galego e da comunicación diaria co noso alumnado a través da Aula Virtual. Detectamos así, a falta de uso normalizado do galego estándar. Polo que, decidimos facer un grupo de traballo para poder dotar ao noso alumnado de material suficiente para que dominen a norma estándar.

Coord: Mª José García Merino

Compoñentes: Sira Vidal Laxe, Mª Jesús Lorenzo García, J. Luís González Ucha, Josefina Taboada Adán, Mercedes González González e Emiliano Gómez Vázquez

Obxectivos

  • Corrixir as deficiencias do alumnado en lingua galega a través dos medios telemáticos.
  • Actualizar os coñecementos informáticos do grupo de traballo.
  • Elaborar materiais didácticos de carácter interdisciplinar en soporte dixital sobre a normalización lingüística.
  • Avaliar o traballo realizado sobre a normalización lingüística na Aula Virtual do alumnado.
  • Avaliar a utilización do galego na práctica docente diaria.
  • Elaborar propostas didácticas que faciliten a práctica docente.
  • Elaborar unha enquisa sociolingüística (telemática) do noso alumnado e profesorado.

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Bibliografía galega

Glosarios e vocabularios

Concursos

Filmografía e fonografía

Antropónimos e topónimos

A cultura popular