Concurso de Poesía Escurecida
REDESCUBRINDO A FORZA DAS PALABRAS PROHIBIDAS
Castelao: 75 anos de legado
1 Obxecto e finalidade
No próximo 7 de xaneiro de 2025 é o 75 aniversario do falecemento de Castelao, unha das persoas máis importantes da nosa Historia. Por iso, queremos homenaxealo e animar a redescubrilo a través do...
15º concurso de felicitacións de ano novo
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente de Santiago de Compostela convoca, como vén sendo habitual por estas datas, o 15º CONCURSO DE FELICITACIÓNS DE ANO NOVO, nesta ocasión encadrado no proxecto Escollemos Galego, que o centro está a desenvolver durante o curso 2024-25.
Poderá...
Deseña o logotipo do novo proxecto do noso instituto!
Bases do Concurso de Deseño de Logotipo: "ESCOLLEMOS GALEGO"
1 Obxecto do concurso:
O IES San Clemente convoca un concurso para o deseño do logotipo oficial do proxecto “Escollemos Galego”, cuxa finalidade é promover o uso da lingua galega en espazos cotiáns. O logotipo gañador será empregado en materiais promocionais, campañas...
VEREDICTO DO XURADO DO 37º CONCURSO LITERARIO
Pechamos o curso de concursos e certames co anuncio do veredicto do xurado do 37º CONCURSO LITERARIO convocado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente:
Na modalidade de prosa, os premiados son:
1º premio (100 €): “Unha ninguén” de Lorena Louzao Alonso (alumna de 2º de Bacharelato).
2º premio (75...
VEREDICTO DO XURADO DO 14º CONCURSO DE MARCAPÁXINAS LETRAS GALEGAS 2024: LUÍSA VILLALTA
Nesta semana tan especial para as nosas Letras, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente, comprácenos anunciar os gañadores e gañadoras do 14º CONCURSO DE MARCAPÁXINAS LETRAS GALEGAS 2024: LUÍSA VILLALTA que, segundo o xurado do mesmo, son os seguintes:
1º premio (100 €): Sara...
VEREDICTO DO XURADO DO 4º CONCURSO DE PROXECTOS INNOVADORES
Finalizado o prazo de presentación de traballos para o 4º CONCURSO DE PROXECTOS INNOVADORES, o veredicto do xurado do mesmo é o seguinte:
1º premio (150€): “Quéroo en galego” de Iria Pérez García (alumna de 2º DAW Modular)
Parabéns Iria!
O resumo desta proposta gañadora estará a vosa disposición na vindeira publicación...
VEREDICTO DO XURADO DO 9º CERTAME DE RELATO BREVE
Unha vez finalizado o prazo de presentación de traballos para o 9º Certame de relato breve, dende o Equipo de Normalización da Lingua Galega do IES San Clemente comprácenos anunciar o veredicto do xurado do mesmo, que é o seguinte:
1º premio (100 €): “O sorriso” de Aitana Novo Sanmiguel...
37º CONCURSO LITERARIO
Comprácenos anunciarvos que o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente convoca o 37º CONCURSO LITERARIO.
Cuxas BASES, DE OBRIGADO CUMPRIMENTO, son:
Poderá participar todo o alumnado do IES San Clemente (ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos).
Establécense dúas modalidades: relato e poesía, podendo cada participante entregar un...
VEREDICTO DO XURADO DO 9º CERTAME DE MICROVÍDEOS
Unha vez finalizado o prazo de presentación de traballos para o 9º Certame de microvídeos, o veredicto do xurado do mesmo é o seguinte:
1º premio (100 €): "Compostela 2099" de Marcos Vence (profesor de informática) e Carme Otero (conserxe).
https://youtu.be/a1oGJl7Tk7Q
2º premio (75 €): "Sensacións en Manzaneda" de Ramón Salgado Alcalde...
14º CONCURSO DE MARCAPÁXINAS LETRAS GALEGAS 2024: LUÍSA VILLALTA
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente de Santiago de Compostela convoca, como xa vén sendo habitual por estas datas, o 14º CONCURSO DE MARCAPÁXINAS para conmemorar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2024, sendo este ano a autora homenaxeada, e por tanto, protagonista da nosa...