Finalizado o prazo de presentación de traballos para o VII Concurso de felicitacións de Aninovo, este é o fallo do xurado:
1º premio: Pablo Iglesias de 1º SMR – O Aninovo.
2º premio: Leticia Tuñas de 1º SMR – Bo Nadal, pequenos alieníxenas.
Información sobre o proxecto eTwinning relacionado.
Tras catro anos de traballo, lanzamos a versión en galego do libro "Proxectos eTwinning Galiza-Portugal", con 18 ideas para proxectos a desenvolver entre centros educativos galegos e portugueses, elaboradas por 24 docentes de ambas as beiras do Miño.
A publicación foi financiada polo EDLG do IES San Clemente de Santiago...
O Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago asignou un dos obradoiros OPS! (O Português Simples) ao EDLG do IES San Clemente.
O obradoiro foi dirixido por Loaira Martínez, da Associaçom Galega da Língua, o venres 18 de novembro, coa participación activa do alumnado de 1SMR.
Avaliación do alumnado participante
VII Concurso de felicitacións de Aninovo
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente de Santiago de Compostela convoca o VII Concurso de felicitacións de Aninovo .
Poderán participar os alumnos e alumnas do centro nas distintas modalidades (ESO a distancia, Bacharelato a distancia e...
Compartimos convosco este proxecto de Política Lingüística da Consellaría de Educación, que ten o obxectivo de fomentar a consciencia da diversidade lingüística e do multiculturalsimo, para contribuír a erradicar os prexuízos existentes a respecto do galego.
O IES San Clemente foi un dos centros seleccionados polo traballo previo do noso...
O profesorado e alumnado participante nos proxectos Pek, the Traveller Flea #4, Two island inspire e GaliMinho - Oficina de hardware, co seu magnífico traballo, conseguiron que os avaliadores do Servizo Nacional de Apoio (INTEF, Ministerio de Educación) nos concedesen o selo de calidade.
Parabéns!!
Destacamos o primeiro selo de calidade...
O venres 21 de outubro tivo lugar unha charla sobre Xeoloxía de Galicia e un obradoiro de rochas, a cargo de Francisco Canosa Martínez, doutor en Xeoloxía pola Universidade de Oviedo.
O obxectivo principal de ambas actividades foi dar a coñecer a riqueza xeolóxica do noso país, froito dunha longa...
Presentamos esta iniciativa do Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago de Compostela:
Características xerais da actividade:
O principal obxectivo é promover o uso da lingua galega. Tamén procura incentivar o pensamento crítico, a tolerancia, o traballo en equipo e, por suposto, as habilidades relacionadas coa documentación, a argumentación...
Compartimos convosco o blogue Dúbidas do galego, que vén de facer cinco anos de vida, nos que publicou artigos moi interesantes sobre ortografía, neoloxismos, castelanismos, tecnoloxía, toponimia, dicionarios, etc.