O xurado do I Certame de micro vídeos acordou seleccionar quince traballos dun total de vinte presentados.
Damos as grazas a todos os participantes e ao profesorado implicado.
I Certame de micro relatos – Fallo do xurado
O xurado do I Certame de micro relatos acordou seleccionar todos os traballos recibidos (un total de dezaseis), que serán publicados en xuño de 2016.
Vídeos @emgalego
Através Produtora está a publicar vídeos con consellos lingüísticos moi interesantes, válidos para o galego en calquera norma (ILGA, AGAL, etc).
Velaquí un vídeo de exemplo:
Lista de vídeos
Día de Rosalía
AGAL publica dezaoito poemas en vídeo de Rosalía de Castro lidos por persoas de diferentes países lusófonos, para conmemorar o día de Rosalía de Castro (24 de febreiro).
Máis información
Lista de reprodución de YouTube
Pioneiros da fotografía galega
Os Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos institutos San Clemente e número 1 de Ordes, realizaron un traballo de investigación conxunto, no que recompilaron información e imaxes de oito autores galegos considerados pioneiros da fotografía na nosa terra.
Descargar en formato PDF
Descargar en formato ODP
Cartas de amor
A biblioteca pública Ánxel Casal convoca un ano máis o concurso de cartas de amor en galego.
Data límite: 13 de febreiro.
Convocatoria
Entrevista no concello da Illa de Arousa
O día 15 de xaneiro tivemos unha entrevista coa concelleira de Medio Ambiente da Illa de Arousa, Gaby Hundelshausen, na que falamos do proxecto "dúas illas".
Mostrouse moi interesada no desenvolvemento do proxecto colaborativo, no que participan o CEIP de Sestelo-Baión, o instituto de FP de Ierápetra (Grecia) e o...
I Certame de micro vídeos
B A S E S
1. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente convoca o I Certame de micro vídeos.
2. Poderán participar todos os membros da comunidade educativa: alumnado, profesorado e PAS.
3. Os vídeos deberán ser orixinais e inéditos, de temática libre e debe estar presente...
I Certame de micro relatos
B A S E S
1. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente convoca o I Certame de micro relatos.
2. Poderán participar todos os membros da comunidade educativa: alumnado, profesorado e PAS.
3. Os traballos deberán ser orixinais e inéditos, de temática libre e escritos en galego...
Lourenço, xograr
O escritor Manuel Portas Fernández, estivo no IES San Clemente da man do clube de lectura, falando do seu libro "Lourenço, xograr", co que gañou o premio de novela Manuel García Barros.
.
.
A novela histórica fala do galego medieval e da vida naquela época.