Erasmus+
O IES San Clemente participa en Erasmus+ como socio de envío, para o alumnado de FP Informática realizar prácticas no estranxeiro (módulo de FCT ou prácticas extra curriculares) e para o ex alumnado, prácticas dentro do ano posterior á titulación. O profesorado tamén pode participar en mobilidades job shadowing.
Temos varios proxectos KA1 activos con prazas para todo o alumnado interesado de ciclos superiores, ciclo medio e profesorado.
O alumnado e ex alumnado pode solicitar a súa praza en calquera momento cubrindo este formulario.
O IES San Clemente ten asinados acordos de colaboración en materia de Erasmus+ cos seguintes centros educativos:
- Colaiste Dhulaigh College of Further Education, Dublín, Irlanda.
- Lycée général, technologique et professionnel Antoine Bourdelle, Montalbán, Francia.
- Escola Secundária Augusto Gomes, Matosinhos, Portugal.
- AE Carlos Amarante, Braga, Portugal.
- Fundação Alentejo, Évora, Portugal.
- Fondazione ITS Incom, Busto Arsizio, Lombardía, Italia.
- INETE, Lisboa, Portugal.
E tamén colabora con estes centros:
- ETAP, Viana do Castelo, Portugal.
- Vantaa Vocational College Varia. Finlandia.
- 1º Laboratory Center of 2º Directorate of Secondary Education. 1 EK B Atenas, Grecia.
Pode obter máis información nas seguintes ligazóns:
Información do IES San Clemente
FAQ! – FCT no estranxeiro: Preguntas Frecuentes
Criterios de selección de participantes nas mobilidades Erasmus+
Curriculum Europass
Suplementos Europass ao título
Información institucional
Portal da Comisión Europea – Erasmus+
SEPIE (España)
Carta do estudante Erasmus+ (2021-2027)
Twitter: #ErasmusPlus Facebook: Erasmus+
As prácticas no estranxeiro están cofinanciadas polo programa Erasmus+ da Unión Europea. O IES San Clemente é o responsable único do contido desta web. Nin a Comisión Europea nin o SEPIE son responsables do uso que poida facerse desta información.