Ábrese un prazo extraordinario para que o alumnado de ciclos superiores poida solicitar unha bolsa Erasmus+ para realizar a FCT no estranxeiro. Actualmente dispomos de tres bolsas sen asignar.
Pódense consultar os importes, destinos habituais e outra información na FAQ.
Selección: as bolsas concédense por orde de solicitude, excepto o caso...
Mobilidade para estudos en Lisboa
Os alumnos de 2SMR David Maceira e Félix Pardal están asistindo a clases de FP Informática no colexio INETE de Lisboa, por medio do proxecto AtlânticoVET de Erasmus+. Ambos son alumnos da sección bilingüe en portugués SOR.
Esta é a primeira vez que o IES San Clemente envía alumnos ao...
Convocatorias FCT no estranxeiro: Erasmus+ 2016 e previsión para 2017
Consonte o Plan de modernizacion e internacionalizacion do centro, o IES San Clemente oferta a posibilidade de realizar a FCT no estranxeiro coa subvención do programa Erasmus+.
Formularios de solicitude:
FCT Outono de 2016
Previsión para 2017
Criterios de selección
FAQ
Despois de enviar o formulario online, debe...
Selo de Calidade Europeo para o proxecto ZonaVET 0+1
O proxecto eTwinning ZonaVET 0+1 vén de recibir o Selo de Calidade Europeo eTwinning.
Destacamos a tarefa Creación da empresa EuroPescaVET, de alta complexidade e única en FP Informática a nivel europeo.
Parabéns para todos e todas as participantes!
Artigo en La Voz de Galicia
FCT no estranxeiro – Outono 2015
No fluxo de outono de 2015 participan seis alumnos do IES San Clemente:
ASIR: Adrián Cabo en Dublín.
DAM: José Manuel Rozas en Berlín; Luis Morais, Martín Galante e Álvaro Veiga en Dublín.
DAW: Víctor García en Dublín.
Todos teñen financiamento de "erasmus.es" do MECD.
Dos seis alumnos, catro cursaron seccións bilingües en inglés.
Máis...
Projetos eTwinning de FP – 14 ideias
A Direção-Geral da Educação, do Ministério da Educação e Ciência de Portugal, edita a versión en portugués do libro Projetos eTwinning de FP - 14 ideias, unha iniciativa da Embaixada eTwinning Galicia co patrocinio do IES San Clemente de Santiago de Compostela.
Queremos agradecer a todas as persoas que fixeron posible esta...
Job Shadowing: Ano 2015-2016
O IES San Clemente oferta unha praza para realizar cinco días de Job Shadowing nun centro de FP fóra do estado español.
Destinatarios: profesorado de ciclos superiores.
Orzamento: segundo o país de destino, até 875 euros.
Criterios de selección:
- Preferentemente, profesorado que non participase anteriormente nun Job Shadowing.
- En segundo lugar, calidade...
Formación en Lisboa: Xaneiro de 2016
O IES San Clemente oferta dúas prazas para realizar dúas semanas de formación no colexio INETE de Lisboa.
Destinatarios: alumnado de SMR.
Datas previstas: do 4 ao 17 de xaneiro de 2016.
Orzamento: 1 300 euros.
Criterios de selección:
Preferentemente, alumnado de 2º SMR ordinario por cursar a sección bilingüe en portugués
En segundo...
Convocatoria FCT no estranxeiro: Primavera de 2016
Consonte o Plan de modernizacion e internacionalizacion do centro, o IES San Clemente oferta prazas para realizar a FCT no estranxeiro durante a primavera de 2016, subvencionadas polo programa Erasmus+.
O reparto de prazas e os destinos habituais son:
Cinco prazas (que serán ampliadas) para o ciclo medio: Empresas de Lisboa...
Mobilidades para prácticas no estranxeiro – Difusión
No día 23 de setembro de 2015 contamos coa presenza de Yolanda García López, ex alumna do IES San Clemente, que contou a súa experiencia en Lisboa ao alumnado do ciclo medio SMR. Yolanda realizou a súa FCT na capital lusa en primavera de 2015, por medio do proxecto...