Prácticas en Compostela: Jessica e Marcel

Prácticas en Compostela: Jessica e Marcel
Recibimos a Marcel e a Jessica, dous alumnos do colexio KBS de Nordhorn que están a realizar as súas prácticas de Auxiliar Administrativo en empresas de Compostela, por medio de Erasmus+ KA102. Na foto podemos velos con Cristina París e Susa Lastres, do equipo de coordinación de proxectos europeos do...

Job Shadowing no Trinity College

Job Shadowing no Trinity College
Finalizado o Job Shadowing Erasmus+ do profesor Carlos Carrión no Trinity College de Dublín, procedemos á súa difusión. Estadía en Trinity College De visita por Dublín e arredores Seguimento FCT Dublín - 2015

Actualización dos criterios de selección de participantes Erasmus+

Na actualidade o MECD adxudica directamente as súas propias bolsas “erasmus.es” ao alumnado solicitante de Ciclos Superiores, quedando exento dos criterios de selección publicados. Mentres esta situación continúe, as bolsas Erasmus+ poden ser solicitadas en calquera momento polo alumnado de Ciclos Superiores do IES San Clemente, mesmo para realizar prácticas...

Prácticas en Berlín

O alumnado de DAM do IES San Clemente ten a oportunidade de realizar a FCT ou un período de prácticas extra curricular para os recén titulados nunha empresa de animación 3D en Berlín en outono ou inverno do presente ano escolar. As persoas interesadas deben enviar o seu CV en...

Proxectos Europeos – Informe final 2014/2015

Durante o presente ano escolar, no IES San Clemente realizáronse os seguintes proxectos europeos: Mobilidades para a realización de prácticas no estranxeiro: Ciclo Medio: 5 mobilidades a Lisboa (1 bolsa LdV, 1 bolsa Erasmus+, 3 autofinanciación). Ciclos Superiores: 11 mobilidades a Dublín, Londres, Praga e Malta. (6 bolsas MECD, 5 bolsas Erasmus+) Por...

Prácticas de alumnado de INETE

Prácticas de alumnado de INETE
Hoxe recibimos no noso centro o alumnado do colexio INETE de Lisboa que vai realizar catro semanas de prácticas en empresas compostelás, xunto coa orientadora Ana Baio.     No blogue do proxecto podedes ver máis información escrita en primeira persoa, polos protagonistas desta experiencia. Blogue do proxecto AtlânticoVET   https://youtu.be/reKyr9NuQro

Prácticas para recén titulados de CS – Verán 2015

Prácticas para recén titulados de CS – Verán 2015
O alumnado de ciclos superiores (ordinario, modular ou distancia) que finalice o ciclo durante o presente ano escolar, ten a oportunidade de realizar prácticas non curriculares en empresas europeas, cunha bolsa Erasmus+ de aproximadamente 900 euros (dependendo do país de destino). Duración das prácticas: 11 semanas. Período: verán de 2015. Selección: atenderase...

Prácticas para recén titulados de SMR – Verán 2015

Prácticas para recén titulados de SMR – Verán 2015
O alumnado de SMR ordinario ou distancia que finalice o ciclo durante o presente ano escolar, ten a oportunidade de realizar prácticas na empresa Teleperformance ou Mapfre de Lisboa, cunha bolsa Erasmus+ de 1 300 euros. Duración das prácticas: dous meses (ampliables). Período: verán de 2015 (en caso de non adxudicarse,...

Visita do profesor alemán Heinz-Georg Beckmann

Visita do profesor alemán Heinz-Georg Beckmann
Esta semana recibimos a visita de Heinz-Georg Beckmann, director do equipo de proxectos europeos do Kaufmännische Berufsbildende Schulen do condado de Bentheim en Nordhorn (Alemania). O IES San Clemente colabora con este centro alemán recibindo alumnado para a realización do período de prácticas en Compostela. A última alumna foi Sandrine....

10º Aniversario eTwinning

10º Aniversario eTwinning
O día 7 de maio de 2015 celébrase o décimo aniversario de eTwinning en Europa.  Este é o mini website creado para o evento: http://blogs.eun.org/etwinning10 O IES San Clemente está inscrito en eTwinning desde o ano 2007 e participou en múltiples proxectos, varios deles gañadores de concursos nacionais e internacionais.