Os proxectos eTwinning Pek S&V e FCT SdC-LX veñen de recibir o Selo de Calidade Europeo eTwinning.
O profesorado do IES San Clemente participou como equipo de centro, con dúas profesoras noveis na plataforma:
Stefany Araújo e Elisa Picallo.
Parabéns!
FCT en Compostela – Outono 2014
Esta semana recibimos unha alumna da Kaufmännische Berufsbildende Schulen (Alemania) para realizar un mes do seu período de prácticas en Santiago de Compostela. Sandrine Trautmann vén a través do proxecto Erasmus+ KBS in Europe.
A empresa que a vai acoller é COINTEGA situada no Campus Sur da Universidade de Santiago...
FCT no estranxeiro – Outono 2014
No fluxo de outono de 2014 participan os alumnos Luis Vilanova (DAMd), Inés Piñeiro (DAWm), Natalia Vázquez (ASIRd) e Heriberto Villar (ASIRm), que realizan a súas FCTs en empresas de Dublín, no marco do novo programa Erasmus+ e con bolsa do Ministerio de Educación (erasmus.es).
Ademais, o alumno de SMR...
Convocatoria FCT no estranxeiro: Primavera de 2015
Consonte o Plan de modernizacion e internacionalizacion do centro, o IES San Clemente oferta cinco prazas para realizar a FCT no estranxeiro durante a primavera de 2015, subvencionadas polos programas Erasmus+.
O reparto de prazas e os destinos habituais son:
Cero prazas (a data de hoxe) para o ciclo medio: Empresas...
Presentación da FCT no estranxeiro
No día 26 de setembro de 2014 presentamos a FCT no estranxeiro ao alumnado de réxime ordinario.
Nun primeiro turno, Pablo Lueiro, participante no proxecto Leonardo da Vinci “FCT Santiago de Compostela – Lisboa 2” durante a primavera de 2014, compartiu a súa experiencia coa alumnado do Ciclo Medio SMR.
Pablo...
Bolsas Erasmus do Ministerio de Educación
Foi publicada a resolución das solicitudes das bolsas "erasmus.es" para a realización da FCT no estranxeiro.
Os vinte solicitantes do IES San Clemente recibiron a súa aprobación.
Pódese consultar no apartado "resoluciones" desta páxina:
Axudas de mobilidades "erasmus.es" financiadas polo MECD
Agora é o momento de confirmar ou renunciar á bolsa,...
Bilingual Education Video 2014
FCT no estranxeiro – Primavera 2014
No fluxo de primavera de 2014 participan os alumnos de DAM Martín Rubio e Rubén Paz, que realizan as súas prácticas en Dublín, e os alumnos de SMR Javier Abad, Pablo Lueiro e Enrique Moure, en Lisboa. Todos eles cursaron seccións bilingües en inglés ou portugués en ensino ordinario.
...
Urxente! – Erasmus+ 2014/2015
Para alumnado de ciclos superiores interesado en realizar a FCT no estranxeiro durante o ano escolar 2014/2015.
No artigo FCT no estranxeiro: preguntas frecuentes podedes ver que o Ministerio de Educación aporta unha axuda adicional de 100 euros/mes.
O prazo para solicitar esta axuda é até o 23 de abril, no seguinte...
Carta Erasmus 2014-2020
Seguindo as indicacións da Comisión Europea, publicamos no website do IES San Clemente a nova Carta Erasmus (ECHE) para o período 2014-2020, xunto coa estratexia global e o plan de internacionalización do centro.
Poden descargar os tres ficheiros no apartado Documentos da seguinte páxina:
http://www.iessanclemente.net/programas-europeos