Difusión: Qualidade Erasmus+ na FP

Difusión: Qualidade Erasmus+ na FP
A Associação de Docentes em Português da Galiza publicou este artigo onde falan do éxito dos nosos proxectos Erasmus+ vinculados ao ciclo Estrela PluriFP SMR en Português. https://www.dpgaliza.org/qualidade-erasmus-na-fp/

Recoñecemento ao labor do Equipo de Proxectos Europeos do IES San Clemente.

Obxectivos A presenza do IES San Clemente en proxectos europeos comeza ininterrompidamente desde o ano 2009, con mobilidades Erasmus de ciclos superiores, ata o día de hoxe, onde ten concedida acreditación ECHE (para institucións de ensino superior) até o ano 2027. Neste tempo, centos de alumnos e alumnas do centro...

Novo recoñecemento ao IES San Clemente

O vindeiro luns 13 de decembro de 2021 o IES San Clemente recibirá no Teatro Real de Madrid o recoñecemento á calidade dos proxectos Erasmus+ 2021 na Formación Profesional. Este galardón do Ministerio de Universidades, a través do Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE), vén a recoñecer...

Job Shadowing 2021/2022

Job Shadowing 2021/2022
O IES San Clemente oferta bolsas Erasmus+ para realizar un Job Shadowing nun centro educativo ou nunha empresa, fóra do estado español, nun país da Unión Europea. Descrición: Duración: 5 días, viaxe incluída (3 días de estadía e 2 días de viaxe). Finalidade: Desenvolvemento profesional do persoal docente así como...

Prácticas no estranxeiro Erasmus+ Outono 2021

No fluxo de outono de 2021 participan oito alumnos do IES San Clemente: SMR: Alejandro Martínez, Ángel González, Guillermo Portabales, Víctor Caneda, Vladislav Zernov no Porto. ASIR: Juan Framil e Michelle Maldonado en Dublín. DAW: Joseba Portas en Amsterdam. Todos os alumnos gozan dunha bolsa Erasmus+ e varios cursaron PluriFP. [gallery...

Edulingüe en Formación Profesional – 2021

Edulingüe en Formación Profesional – 2021
Inauguramos o ano lectivo 2021/2022 dos ciclos plurilingües SMR e ASIR, desenvolvendo a actividade "Edulingüe en Formación Profesional" dirixida ás familias do alumnado. Foi presentada polo coordinador PluriFP Marcos Vence e a xefa de estudos Cristina Seoane, e contou coa participación de Marcos Arias, Cristina Puga, nais, pais e alumnado...

Prácticas no estranxeiro – 2022

Prácticas no estranxeiro – 2022
O IES San Clemente oferta prazas para realizar estudos e prácticas no estranxeiro, subvencionadas polo programa Erasmus+: Módulo de FCT. Prácticas extra curriculares (antes de finalizar o ciclo, xeralmente durante o verán). Mobilidade combinada de estudos e prácticas (só para SMR). Prácticas de recén titulado (durante un ano e...

LMF: Podcast lusófono

LMF: Podcast lusófono
Durante o ano lectivo 2021/2022 vamos traballar no proxecto eTwinning LusoMicroFonia, creando un podcast en portugués entre o alumnado dos ciclos plurilingües do IES San Clemente (1SMR, 2SMR e 1ASIR), o AE Carlos Amarante de Braga e o Centro Paula Souza de São Paulo. A proposta está aberta á participación...

Selos de calidade eTwinning 2021

Selos de calidade eTwinning 2021
O profesorado e alumnado participante nos proxectos Letras Galegas 2021 – Xela Arias e Um tripé para o meu e-book 2, co seu magnífico traballo, conseguiron que as avaliadoras do Servizo Nacional de Apoio (INTEF, Ministerio de Educación) nos concedesen o selo de calidade. Parabéns!! Destacamos o primeiro selo de calidade...