Green Spots in Town
2017 – Green Spots in Town
Green Spots in Town é un proxecto eTwinning de dous centros de FP:
- IES San Clemente, Santiago de Compostela, Galiza, España. Ciclo Superior ASIR.
- 1st Vocational Lyceum of Ierápetra, Ierápetra, Creta, Grecia. Curso profesional de xardinería.
Os alumnos do IES San Clemente realizan o papel de deseñadores e programadores web, na súa empresa virtual “ToxoSoftware”. Os alumnos gregos, que actúan como clientes deste servizo, precisan un website para publicar información e material sobre paisaxismo.
O resultado final é un website bilingüe en galego e grego con información técnica (recomendacións para unha mellor urbanización de zonas verdes, por exemplo), planos e debuxos feitos polos estudantes, imaxes de ambas cidades (Compostela e Ierápetra), etc.
O proxecto forma parte do programa “Lanzadeiras Coruña” do plan Eduemprende da Consellaría de Educación. Tamén fai parte do plan do EDLG do IES San Clemente.
No noso centro participan os alumnos Félix Pardal, Pablo López, Pablo Otero, Daniel Rey, Daniel Herranz e Mario Michelotti, coa coordinación do profesor Marcos Vence e de Maggie Ryan. Tamén contamos coa colaboración do profesor Marcos Arias que migrou os websites tres anos despois de finalizar o proxecto ás novas localizacións: toxosoftware.etwinning.gal e sporakia.etwinning.gal
Distincións: Selos de Calidade Nacionais eTwinning en España e Grecia, Selo de Calidade Europeo eTwinning, primeiro premio na competición nacional eTwinning en Grecia.
Máis información: